En portadaÚltima hora

O valdeorrés Christian Escuredo, entre os nominados nos Premios Broadway

Esta nominación na categoría de mellor actor principal chégalle polo seu papel como protagonista do espectáculo “33 El Musical”
Christian Escuredo co resto do equipo de “33 El Musical”, tras unha función./ Foto cedida.

O actor valdeorrés Christian Escuredo vén de ser nominado na categoría de mellor actor principal nos Premios Broadway polo seu traballo en “33 El Musical”, interpretando a Xesús de Nazaret. Nesta mesma categoría tamén están nominados outros tres actores: Gerónimo Rauch e Adrián Salzedo por “El Médico” e Javier Ariano por “West Side Story”.

Non é a primeira vez que este barquense resulta nominado nestes galardóns, que se outorgan polos votos do público. De feito no 2015 recibía este galardón neste mesma categoría polo seu papel de Adam/Felicia no musical “Priscilla. Reina del Desierto”.

Os votos poden realizarse na seguinte ligazón:

https://www.broadwayworld.com/spain/voteregion.cfm

Artigos relacionados

Back to top button