ConcellosÚltima hora

O valdeorrés Cristian López crea a canle “Mendello TV” en YouTube

Busca ser un medio non comercial que sirva “coma complemento á información e entretemento tradicional” en Valdeorras

“Mendello TV é unha canle de YouTube na que pretendo colgar videos de entrevistas e nun futuro entretemento e novas”. Deste xeito define este novo proxecto audiovisual o seu creador, o valdeorrés Cristian López.

Formouse en produción audiovisual e “dende fai un tempo tiña a inquedanza de contribuír cos meus coñecementos a crear algún tipo de medio non comercial que servise coma complemento á información e entretemento tradicional na nosa comarca e máis concretamente en A Rúa. Dende esta idea xurdiron diversos proxectos que non chegaron a bo porto. Pero hoxe podo afirmar que un deles rematou por ve-la luz”, conta.

A andaina de Mendello TV vén de comezar cunha entrevista á candidata do BNG á alcaldía da Rúa, María González Albert. Pode verse en https://youtu.be/x-T5N6JVswc. A súa intención e continuar con máis.

E xa a longo prazo o obxectivo que se marca é “que este proxecto cristalizase nunha especie de escola audiovisual amateur, para que os rapaces que teñan inquedanzas similares poidesen ter unha primeira toma de contacto na súa comarca”.

Máis información:
Facebook https://www.facebook.com/Mendello-TV-1332100213599295/
YouTube https://www.youtube.com/channel/UCYogTLmMQZbnhZlAaCbw4aw

 

María González Albert, durante a entrevista nesta canle.

Artigos relacionados

Back to top button