DeportesÚltima hora

O valdeorrés Diego Teixeira sube alto do podio no súper enduro das festas da Encina

A competición con obstáculos tiña lugar na tarde do 7 de setembro no recinto feiral de Ponferrada

 

Moita música, actividades culturais e tamén deportivas. Ás festas da Encina, en Ponferrada, non lles falta detalle e en moitas das propostas deste ano había galegos involucrados e, máis concretamente valdeorreses.

Na tarde do 7 de setembro celebrábase no recinto feiral a III quedada de súper enduro na que participaba o barquense Diego Teixeira Fernández.

En torno ás catro da tarde comezaban a ruxir as motos para dar inicio á carreira con obstáculos (rodas, troncos, saltos,…) e despois de varias rondas destacou, levándose a vitoria Diego, un dos poucos galegos que estaban competindo. Subía ao alto do podio despois dunha intensa loita cos pilotos do Bierzo Jorge Panizo e Alejandro.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button