DeportesÚltima hora

O valdeorrés Javier Fdez, 1º clasificado en e-bike na Copa de España de Enduro

O rider rues vencía na súa categoría na Montafaro Enduro Race 6.0 disputada esta fin de semana en Mugardos

Javier Fernández no podio co segundo e terceiro clasificado.

 

Trala súa participación na carreira internacional Taça Portugal DHI disputada en Boticas, onde quedaba moi cerca do top 20, o rider valdeorrés Javier Fernández Quiroga (Bicicletas Chinquena) vén de subir ao alto do podio en e-bike na Montafaro Enduro Race 6.0, a terceira e penúltima cita da Copa de España de Enduro celebrada esta fin de semana na localidade coruñesa de Mugardos.

Durante a xornada do venres, os riders rexistrados puderon percorrer os camiños a pé para visualizar a variedade de itinerarios propostos pola organización do Pulpeiros Mugardos dentro dunha espectacular contorna natural coa vista do mar como fondo escénico para este gran espectáculo.

Ao longo do sábado os ciclistas xa puderon rodar sobre o terreo para o recoñecemento de cada un dous 6 tramos cronometrados, 38 quilómetros de distancia total e 1.440 metros de desnivel acumulado. E xa o domingo sobre as 8 horas arrincaba a competición na que o deportista da Rúa se posicionaba no alto da clasificación cun tempo de 21:06:562. Segundo era Alejandro Ledo e terceiro David Pazos, ámbolos dous do Rocasport Giant.

 

O rider rues felicitando aos compañeiros.

Artigos relacionados

Back to top button