DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O valdeorrés Javier Fernández Quiroga, entre os intrépidos riders do Descenso Urbano de Sarria

A localidade lucense reunía a miles de persoas na fin de semana do 13 e 14 de xullo

Unha das modalidades do ciclismo de montaña (BTT) é o Descenso ou DH (Down Hill), unha disciplina extrema que consiste en baixar fortes pendentes entre innumerables obstáculos na maioría dos casos por medio do monte, aínda que tamén existe a versión urbana.

E precisamente esta última celebraba nesta fin de semana unha das probas máis destacadas de Galicia e mesmo de España, que reuníu a miles de persoas na localidade lucense de Sarria. Máis dun cento de riders e numeroso público asistían ao VIII DHU Vila de Sarria, unha competición que mestura velocidade e acrobacias sobre bicicleta de montaña, dando como resultado un espectáculo en estado puro, organizado polo club DH Galicia.

Durante a xornada do sábado 13 de xullo tiña ligar unha das apostas máis forte da organizacón e a FGC por fomentar o deporte base, coa celebración dunha versión para os máis pequenos que forma parte da Mini DH Series Galicia. O domingo día 14 desenvolvíase a carreira oficial e entre os corredores que participaron na categoría elite, unha vez máis estaba o valdeorrés Javier Fernández Quiroga, natural da Rúa e gran afeccionado a este deporte dende que era un cativo, que conseguía o posto 16º da xeral (8ª na súa categoría) cun tempo de 01:42.471.

 

Artigos relacionados

Back to top button