DeportesÚltima hora

O valdeorrés Javier Fernández sube ao podio no campionato de Galicia de descenso de BTT

Era terceiro na carreira elite celebrada este domingo en Xunqueira de Espadanedo

 

O BTT galego baixaba este domingo 6 de outubro o pano da tempada 2019, nun escenario de luxo. O espectacular circuíto de Xunqueira de Espadanedo acolleu o campionato de Galicia de descenso e a última xornada da Copa autonómica, que contou coa presenza do rider rues Javier Fernández Quiroga que subía ao podio na categoría elite.

Cerca dun centenar de pilotos lanzáronse costa abaixo no percorrido de 2,5 quilómetros de lonxitude e un desnivel acumulado de 500 metros, deseñado polo CC Maceda, sendo o naronés Marco Veiga (CiclosQuintena) o máis rápido na carreira raíña masculina, subindo ao alto do podio. Segundo era Sergio Peleteiro (Turoqua), e terceiro o valdeorrés Javier Fernández (Traviesas).

 

Javier Fernández (dereita) no terceiro caixón do campionato de Galicia de descenso.

 

O corredor da Rúa tamén subía ao podio na Copa Galicia DHI 2019, sendo terceiro na categoría elite.

A entrega de premios, que tiña lugar ao carón do mosteiro cisterciense de Santa María, contou coa presenza de Carlos Gómez, alcalde de Xunqueira; de Ana Caride, en representación da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, de Óscar Sánchez, directivo da Federación Galega de Ciclismo, e de membros do Clube Ciclista Maceda.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button