CulturaCulturaÚltima hora

O valdeorrés Javier García presentará o seu libro “Diario de confinamiento” na Rúa

Terá lugar hoxe, xoves 20 de agosto no establecemento "O Retorno" a partir das 20:30 horas

O valdeorrés Javier García Arias presentará hoxe, xoves 20 de agosto, o seu libro “Diario de confinamiento”. Terá lugar no establecemento rués “O Retorno” a partir das 20:30 horas.

Tras o primeiro día de confinamento, o adegueiro e hostaleiro valdeorrés  decidía plasmar por escrito as súas sensacións. Na noite do 14 de marzo sentábase diante do ordenador e contaba en facebook o que fixera nesa xornada. E así comezaba a crear unha especie de diario no que escribía cada noite e que, xornada a xornada, ía incrementando o seu número de seguidores.

 

Portada do libro.

 

A evolución do proxecto levou ademais a que os seus lectores o animaran a facer del un libro, o cal presentará mañá. Así, a esta iniciativa tamén se sumaron tres dos seus seguidores nas redes sociais: Elisa Alonso Fernández, que se encargou do prólogo, no que deu “a visión de como viviu o confinamento unha española dende Australia”, o fotógrafo Álvaro Rodríguez “Purre” e a “colaboradora incondicional” Nuria Estévez, que aportaron imaxes deste tempo de corentena.

Artigos relacionados

Back to top button