A RúaCulturaCulturaÚltima hora

O valdeorrés Javier García logra financiar por micromecenado a edición de “Diario de confinamiento”

 

Catro días antes de que rematase a campaña de crowfounding, o adegueiro e hostaleiro valdeorrés Javier García vén de conseguir a cantidade económica suficiente para financiar a edición do seu libro “Diario de confinamiento. 14 de marzo-14 de mayo. Reflexiones de vida”, que recolle as súas vivencias e sensacións dende o rural durante o estado de alarma.

Así neste 13 de xuño conseguía reunir os 4.300 euros necesarios para publicar este libro, no que tamén colaboran algúns dos seus seguidores nas redes sociais. É o caso de Elisa Alonso Fernández cun prólogo no que aporta “a visión de como viviu o confinamento unha española dende Australia”, o fotógrafo Álvaro Rodríguez “Purre” e a “colaboradora incondicional” Nuria Estévez, que con imaxes deste tempo de corentena.

 

 

Deste xeito, Javier García ve cumprido o desexo de publicar este libro, “un recordo gráfico das vivencias de Valdeorras, e do rural neste confinamento, con moitas historias comúns”. Unha obra na que comparte reflexións, anécdotas, humor e sátira “ante o maior reto da nosa vida. Consellos para saír á crise inventándote”.

Artigos relacionados

Back to top button