Publicidade
CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O valdeorrés Jesús Manuel García aborda nun libro a depuración dos masóns en Galicia

A obra será presentada o vindeiro 1 de xullo ás 20h. no Liceo de Ourense

O valdeorrés Jesús Manuel García./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Novo paso no labor investigador do valdeorrés Jesús Manuel García, director do Centro Asociado á UNED en Ourense e da súa Aula Universitaria de A Rúa. No seu novo libro, que vén de ver a luz, incide na historia contemporánea galega. A obra leva por título “Docentes y masones. Depuraciones y represión en el noroeste de Galicia tras el golpe franquista” e está editada polo selo Masónica.

Neste volume o investigador petinés aborda a purga que o primeiro franquismo levou a cabo cos “mestres masones ou acusados de ser hiramitas na provincia coruñesa. Trátase de estudar ao reducido grupo de docentes dos que se ten constancia na documentación que se conserva nos expedientes gardados no Arquivo Xeral da Administración (AGA) ubicado en Alcalá de Henares, Madrid”, tal e como avanza o autor.

“Docentes y masones. Depuraciones y represión en el noroeste de Galicia tras el golpe franquista” presentarase o 1 de xullo no Salón Nobre do Liceo de Ourense, á  20.00 horas.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close