OurenseÚltima hora

O valdeorrés Jesús Manuel García, proposto como novo director da UNED en Ourense

Jesús Manuel García./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Na reunión celebrada na tarde deste martes 10 de abril pola Xunta Reitora do Consorcio do Centro Asociado da UNED en Ourense, vén de aprobarse a proposta de nomeamento do xornalista e investigador valdeorrés Jesús Manuel García Díaz como novo director do centro asociado da UNED en Ourense.

Esta reunión extraordinaria, presidida polo titular da Deputación e presidente do padroado, Manuel Baltar, tiña como único punto da orde do día analizar as propostas relativas á designación de director/a do centro asociado de UNED en Ourense, ditaminando a Xunta Reitora a García Díaz.

Jesús Manuel García Díaz (1966) é doutor en Historia Contemporánea e licenciado de grao en Patrimonio Histórico, pola Universidade de Vigo, e licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid.

Ten un máster en Historia, Territorio e Recursos Patrimoniais pola Universidade de Vigo, e posgrao en Interpretación do Patrimonio Cultural pola Universidade Oberta de Cataluña. No ámbito profesional foi profesor convidado na Universidade de Vigo na materia de Didáctica das Ciencias Sociais, na Facultade de Ciencias da Educación e Deporte, e foi redactor de La Voz de Galicia en Ourense, así como delegado no Barco de Valdeorras de La Voz de Galicia, Radio Voz e Antena 3 Radio. Está colexiado no Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

 

Imaxe da Xunta Reitora do Consorcio do Centro Asociado da UNED en Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button