DeportesÚltima hora

O valdeorrés José Fernández, 1º en M35 no campionato de marcha en ruta da Comunidade Valenciana e Rexión de Murcia

Este atleta completaba esta proba de 10 km, disputada o 12 de xaneiro en Burjassot, nun tempo de 45.29
José Fernández, no podio na súa categoría en Burjassot./ Foto cedida.

Era a súa segunda proba nesta tempada e a primeira do ano 2019. O marchador valdeorrés José Fernández Nieves tomaba a saída o pasado 12 de xaneiro nos campionatos da Comunidade Valenciana e da Rexión de Murcia, que eran ademais premio de marcha da cidade de Burjassot.

Completaba o circuíto nun tempo de 45.29, o que lle valía o primeiro posto na súa categoría, M35. “A marca foi mellor do esperado, mellorando en 2’20” e quedeime a tan só 20″ da mínima nacional absoluta e só a 4″ do meu récord galego”, explica este atleta que viste as cores do Real Club Celta. Ademais matiza que se trataba dun “circuíto duro cunha costa de 400 metros”.

Fernández Nieves era ademais o “quinto absoluto, dado que a proba ganouna o campión do mundo de 20 km marcha no 2013 (entre outros títulos), Miguel A. López, sendo segundo Manuel Bermúdez e terceiro Luis Manuel Corchete, todos eles internacionais absolutos”.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close