DeportesÚltima hora

O valdeorrés José Fernández Nieves, bronce no campionato galego de marcha en ruta

José Fernández (primeiro pola dereita), no podio do galego de marcha en ruta./ Foto: FGA.

 

Un ano máis o atleta valdeorrés José Fernández Nieves, que viste as cores do Real Club Celta de Vigo, vén de subirse ao podio no Campionato de Galicia de Marcha en Ruta, que se desenvolvía na tarde deste 1 de febreiro en Marín (Pontevedra). Nesta 30º edición da proba entraba en meta terceiro, tras Roberto Vieiro (C.A. Santiago) e Juan Manuel Morales (Marineda Atlético).

O valdeorrés completaba o traxecto de 10 km nun tempo de 46:28, facéndose co bronce absoluto nesta competición autonómica.

Artigos relacionados

Back to top button