DeportesÚltima hora

O valdeorrés José Fernández, prata nos 5 km marcha no Campionato de España Máster

José Fernández Nieves, no podio en San Fernando./ Foto cedida.

 

O atleta barquense José Fernández Nieves, que viste as cores do Real Club Celta de Vigo, subíase ao podio do LV Campionato de España Máster nesta fin de semana en San Fernando (Cádiz). Lograba este domingo a prata na disciplina dos 5 km marcha en M-35, finalizando a proba cunha marca de 23:04:44.

En apenas 15 días o valdeorrés suma dúas medallas, tras o ouro en M-35 logrado no Campionato Galego Máster de Pontevedra, tamén nos 5 km marcha.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button