OurenseÚltima hora

O valdeorrés José Paradelo, novo responsable da Minería FICA-UGT Galicia

Resultaba elixido no congreso celebrado o 10 de marzo no que tamén o sindicato modificaba a súa estrutura en Galicia
José Paradelo, intervindo durante un acto de UXT./ Foto: Carlos G. Hervella.

A Unión Xeral de Traballadores (UXT) vén de adaptar a súa estrutura no congreso celebrado na en Santiago na mañá do 10 de marzo. Así, pasa a estar integrada por tres Federacións: unha de Servizos Públicos (FeSP), outra de Servizos Privados (FeSMC) e unha terceira que aglutina ao Sector de Produción de Bens e Primario (FICA).

Esta nova federación aglutinará, segundo este sindicato, a máis do 50% da poboación activa de Galicia e en torno ó 40% do total de afiliados e afiliadas da Unión Xeral de Traballadores na nosa Comunidade Autónoma. E a súa constitución faise “en cumprimento das Resolucións Confederais aprobadas no 42º Congreso”.

Neste mesmo congreso celebrado o 10 de marzo resultaba elixido como responsable da Minería de toda Galicia o actual secretario xeral de Acción Sindical da Unión Comarcal Ourense, Valdeorras e Verín, o valdeorrés José Paradelo Arias. Na súa intervención, Paradelo agradecía a todos os “delegados do congreso, aos compañeiros e simpatizantes uxetistas a confianza depositada nel, garantindo traballo e dedicación como responsable da Minería en Galicia”.

Artigos relacionados

Back to top button