AutomobilismoDeportesEn portadaÚltima hora

O valdeorrés Leo Pérez, 2º en Mini Rookie na primeira cita do nacional de Karting

Leo Pérez, no podio do nacional de Campillos (Málaga)./ Foto cedida.

 

Unha vez máis, o piloto valdeorrés Leo Pérez Pereira vén de facer gala do seu talento deportivo. Desta volta era na súa estrea no calendario do Campionato de España de Karting, no circuíto de Campillos, en Málága.

Na carreira final, que se iniciaba arredor das 15:30h. da tarde deste domingo 6 de xuño, proclamábase subcampión na categoría Mini Rookie. Pero, o resultado podía ter sido mellor se a sorte non lle fallase na proba do sábado. “Na primeira semifinal chocáronlle e tivo que saír de último, podía ter ganado. E, nas dúas carreiras de hoxe foi remontando, remontando e conseguiu o segundo posto, foi impresionante. E iso tendo en conta ademais que o circuíto está todo engomado, o que dificulta as cousas, e tamén as altas temperaturas que había”, destaca Julio Pérez, pai do piloto.

 

 

Leo Pérez compite co equipo ALC Motorsport (que leva a marca Kosmic Kart) e con motores de Alejandro Bordogna. Este segundo posto sábelle a vitoria ao piloto valdeorrés agradece todos os apoios recibidos para poder chegar ata aquí. A intención do pilto é completar o resto de calendario, con outras tres probas nacionais, a seguinte será en xullo en Valencia.

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button