CulturaCulturaÚltima hora

O valdeorrés Lois Prada gana o 2º premio do I Concurso de Fotografía “Xeoparque Montañas do Courel”

Os galardóns deste certame, convocado polo Concello de Quiroga, entregaranse o vindeiro 25 de xullo

 

O Concello de Quiroga vén de facer público o fallo do I Concurso de Fotografía “Xeoparque Montañas do Courel”, convocado pola Área de Xuventude. O xurado do certame seleccionaba os traballos seguintes traballos presentados:

1º Premio para Álvaro Rodríguez González pola fotografía “Val do Lor con néboa”.

2º Premio para Lois Prada Ferrer pola fotografía “O Caurel esquecido”.

3º Premio para Alejandro Manteiga Mesías pola fotografía “Meandro del Sil en la aldea de La Cubela”.

Deste xeito, entre os galardoados figura o fotógrafo barquense Lois Prada, que recentemente recollía tamén o primeiro premio do III Concurso de Fotografía do Camiño de Inverno (que convocaba a Asociación Camiño de Inverno pola Ribeira Sacra).

Os galardóns do concurso quirogués entregaranse o vindeiro 25 de xullo dentro dos actos do Día de Galicia.

Estes traballos e o resto dos presentados a este certame, un total de 25 fotografías de distintos lugares do territorio Xeoparque Montañas do Courel, exporanse na Sala de Exposicións do Concello de Quiroga dende este día, e durante unhas semanas. A mostra estará aberta á visita de calquera persoa que o desexe, segundo informa o Concello de Quiroga.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close