Este lanzador de xavelina, que suma cinco metais mundiais, recollía este recoñecemento en Santiago
O xavelinista vilamartinés Luis Nogueira suma un novo recoñecemento ao seu xa destacado palmarés deportivo. Nesta tarde de 13 de novembro recibía unha das 26 Distincións ao Mérito Deportivo de Galicia 2018 que se entregaban no Auditorio de Abanca de Santiago de Compostela, nun acto que contaba coa asistencia da secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, e do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez.
Nogueira, que conta con varios ouros mundiais máster, lograba na pasada tempada o ouro europeo en pista cuberta cun récord ademais na categoría M60, ademais da medalla de prata mundial en M60.