DeportesÚltima hora

O valdeorrés Luis Nogueira, imaxe do cartel do campionato galego de pentatlon de lanzamentos master

 

A Federación Galega de Atletismo vén de dedicar a imaxe do cartel oficial do Campionato Galego de Pentatlon de lanzamentos máster deste ano ao vilamartinés Luis Nogueira, varias veces campión do mundo máster de lanzamento de xavelina.

“Este cartel é para o noso querido e admirado Luis Nogueira, a quen lle mandamos dende o corazón unha enorme e inmensa aperta”, din dende a federación galega. Esta competición autonomica está prevista para o vindeiro 28 de marzo en Pontevedra.

“Luis Nogueira é un queridísimo e admirado atleta retirado fai unhas tempadas como consecuencia dunha grave e irreversible enfermidade. A gran calidade humana do atleta do Adas Proinor, vai da man de todo un amplo e salientable currículo deportivo onde destacan as cinco plusmarcas nacionais máster e os varios títulos de campión mundial de aire libre todas elas na xavelina”, engaden dende a federación galega.

 

Artigos relacionados

Back to top button