CulturaCulturaÚltima hora

O valdeorrés Manuel Juan Otero gaña o 2º premio no III Concurso Fotográfico do Concello de Taboadela

A imaxe galardoada leva por título 'Se o viño vén, vén a vida'

2º permio: ‘Se o viño vén, vén a vida’ de Manuel Juan Otero.

 

Apenas un mes despois de conseguir o 3º premio no concurso de primavera de fotografía dixital Ponte Vella de Ourense coa fotografía ‘Primavera, los primeros brotes’, o fotógrafo barquense Manuel Juan Otero Pérez vén de conseguir outro premio.

Desta volta trátase do 2º no III Concurso Fotográfico do Concello de Taboadela. Coa ‘Vida’ como tema do concurso Otero facíase co galardón (dotado de 100 euros) cunha fotografía titulada ‘Se o viño vén, vén a vida’.

O xurado deste concurso elixiu as tres mellores fotografías tendo en conta criterios de impacto visual, creatividade, técnica, composición, retoque e pertinencia temática á convocatoria. O 1º premio foi para a fotografía ‘Vivir é nacer a cada instante’ de Ediyoli Fernández Pérez; e o 3º para ‘Dadoras de vida’ de Francisco Javier Domínguez García.

Artigos relacionados

Back to top button