DeportesÚltima hora

O valdeorrés Manuel Rodríguez, na xunta directiva da Federación Galega de Atletismo

A federación, que preside Isidoro Hornillos, vén de facer pública a composición da súa xunta directiva
Manuel Rodríguez Teijeiro, delegado da Delegación Valdeorresa da FGA.

Xa se coñece a composición da xunta directiva da Federación Galega de Atletismo (FGA) para o mandato 2019-2022, baixo a presidencia de Isidoro Hornillos, profesor da Universidadade de A Coruña. Entre os seus membros estará o valdeorrés Manuel Rodríguez Teijeiro, que renova á fronte da Delegación Valdeorresa da FGA.

Nesta nova lexislatura que acaba de principiar, contará con catro vicepresidencias. O vicepresidente primeiro será o ourensán Lalo Gómez, experto en marketing e empresario do sector deportivo xuíz, atleta e presididente do Club Atletismo Aurum, que ten ido ganando importancia e proximidade no entorno federativo nos últimos anos. El ocupará a vicepresidencia primeira sendo o responsable da coordinación con todos os estamentos atléticos.

Ramiro Cillera será outras das incorporacións. Licenciado en ADE pola USC este empresario dos Seguros e do Téxtil e presidente do C.D. San Paio a Estrada ocupará a Vicepresidencia Deportiva. Iván Sanmartín, licenciado en Educacion Fisica é o actual delegado da FGA en Santiago. Este técnico de deportes do concello de Ames é o principal impulsor do atletismo na capital galega e asume a vicepresidencia de estructura territorial.

Ramón Tasende, asume a vicepresidencia da área de formación. Este histórico atleta internacional dos anos 70, preolímpico en Munich 1972, leva toda a súa vida vencellado ao atletismo en distintas facetas, entre elas a de adestrador. A nivel laboral ten ocupado varios postos en áreas no Concello da Coruña.

Jesús Vázquez Tallón, vicepresidente da área de Relacións institucionais e Sociais. Mestre especialista en Educacion Fisica, cursa na actualidade o grao en Ciencias da Actividade física e o deporte, sendo profesor de primaria e contando con experiencia na xestión e adestramento deportivo en diferentes modalidades.

A xunta directiva contará ademais con catorce vogais: atletas, directivos, xuíces e adestradores. “Na área de vogais están representados todos os estamentos do atletismo galego. Serán nada menos que catro presidentes de clubs os que formarán parte deste novo proxecto directivo aportando a súa visión e capacidade”, segundo a federación.

Trátase de:

– José Antonio Alvarez, enxeñeiro en Telecomunicacións e presidente do Ourense Atletismo
– José David García, presidente do C.A. Millaraio.
– Diego González, Ingeniero Naval, presidente do Club Pinarium de Marín
– Miguel Soto Castiñeira. Vinculado a Decathlon España en donde fue director de planta, é o presidente do C. A Narón.
– Ángel Serantes Presidente do Real Club Celta Atletismo, adestrador especialista e asesor fiscal.
– Rosa Sierra Palmeiro, licenciada en matemáticas e en Educación Física, foi marchadora internacional na década dos 90. Actualmente á atleta máster.
– Julia Vaquero Licenciada en Educación física. A histórica e lexendaria atleta galega asume este cargo para aportar a sua experiencia e coñecementos.
– Esther Pedrosa, técnica deportiva, desenvolve a sua actividade profesional no servizo de deportes da USC. Atleta máster con máis de doce medallas en competicions europeas e mundiais.
– Teresa Castro, Licenciada en medicina. Exerce como médico en Vimianzo acadando como atleta máster o último subcampionato mundial por equipos.
– Santiago Ferrer, profesor de ensino secundario. Este adestrador nacional seguirá aportando e sumando dende a súa calidade de xuiz e atleta como xa o fixera tanto na área técnica como nas distintas comisións nas que tomaría parte.
– Eloy Bretal operario da industria conserveira Xuiz nivel III e presidente do CGX.
– Carmen Torres profesora de instituto dos seus ciclos formativos. Foi directora do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra. Xuiz Nivel III Olímpica.
– Flor Currás funcionaria do ensino secundario e docente de ingles, experta en Comunicación
– Juan Guerrero Pascual, licenciado en economía ocupa laboralmente el puesto de asesor
empresarial.
– Carlos Castro, Licenciado en Educación Física é o actual Secretario Xeral da FGA
– Madó Gonzalez, doutora en Psicioloxía é a actual Directota Técnica da FGA
– Yolanda González, Diplomada en empresariais, é a actual Tesorerira da FGA
– Dolores Rojas, Licenciada en Psicioloxía é a actual Xerente da FGA
– Paulino Cartelle, militar de profesión, está ó fronte da Delegación da FGA en Ferrol
– David Ferrer, Licenciado en Eucación Física é o Delegado federativo en Pontevedra
– Ángel Fidalgo, funcionario do Estado, é o Delegado da FGA en Ourense
– José Manuel Rodriguez, licenciado en dereito, é o Delegado da FGA en Lugo
– Manuel Rodríguez, traballador de empresas relacioadas ca construcción, é o delegado da FGA en O Barco.
– Miguel Martínez vinculado ó mundo deportivo en varias disciplinas, é o delegado da FGA en Vigo

Artigos relacionados

Back to top button