DeportesÚltima hora

O valdeorrés Xocas Miranda, mellor adestrador da segunda división B (grupo 1)

O Comité Nacional de Fútbol Sala entregaralle o premio na gala que terá lugar o 19 de decembro na RFEF, en Madrid
Xocas Miranda nun partido no pavillón de Calabagueiros./ Foto: Mónica G. Bellver.

Leva máis de vinte anos como adestrador de fútbol sala en Valdeorras, a maioría do Vilamartín FS e dende hai cinco tempadas é o técnico do Pizarras Los Tres Cuñados FS, o equipo de Casaio ao que levou ata a segunda división B.

Xocas Miranda leva boa parte da súa vida adicada a este deporte, unha implicación que o Comité Nacional de Fútbol Sala recompensaba concedéndolle o galardón como “mellor adestrador da Segunda División B, grupo 1, da tempada 2017/2018”, campaña na que o equipo que dirixe lograba a mellor clasificación da súa historia: o segundo posto que lle deu o pase para disputar a Copa do Rei.

A entrega do “merecido recoñecemento”, en palabras do secretario do Comité Paco Sedano, terá lugar o vindeiro mércores 19 de decembro ás 13:30h. na primeira edición da Gala do Comité Nacional de Fútbol Sala que terá lugar no salón da Residencia de la Ciudad del Fútbol de la Real Federación Española de Fútbol, nas Rozas (Madrid).

 

Artigos relacionados

Back to top button