En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O valdeorreses Diego Seco e José López participan na Pilgrim Race, que chegará mañá a Vilamartín

O percorrido competitivo desta proba de mountain bike finalizaba hoxe na localidade leonesa de Sahagún, sendo Diego Seco terceiro en Máster 50

Cuarta e derradeira etapa competitiva da Pilgrim Race. Esta carreira de moutain bike, na que están a participar os valdeorreses Diego Seco Lamas e José López García, finalizaba neste mércores 3 de xullo na localidade leonesa de Sahagún, tras completar unha xornada de 64 kms. Esta proba incluía anteriormente as etapas Madrid-Cercedila, Cercedilla-Olmedo e Olmedo-Medina de Rioseco.

Tras este traxecto competitivo, Seco lograba unha terceira posición na categoría Máster 50 e era 28ª na clasificación xeral, mentres que José López comentaba ao Periódico O Sil que non mirara nin unha soa vez as clasificacións pero, iso si, que foi o “que máis desfrutou da proba”.

En terras valdeorresas

A Pilgrim Race continúa o seu percorrido, aínda que xa fóra de competición, e chegará mañá ata Valdeorras, na etapa Astorga-Vilamartín. Esta será a terceira ocasión na que esta proba de moutain bike, que segue dúas sendas do Camiño de Santiago (a de Madrid e a do Camiño de Inverno), pase pola comarca de Valdeorras.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button