ConcellosÚltima hora

O Valedor do Pobo, ponente dun curso sobre transparencia e Administración pública

Desenvolvíase os días 13 e 14 de novembro na sede da Egap en Santiago
O Valedor do Pobo, o valdeorrés José Julio Fernández, co vicepresidente da Xunta na clausura do curso.
O Valedor do Pobo, o valdeorrés José Julio Fernández, co vicepresidente da Xunta na clausura do curso.

Na sede da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago clausurábase na mañá do 14 de novembro o curso “Transparencia, goberno aberto e Administración pública”, onde reflexionou sobre a importancia da participación dos cidadáns na vida política, económica, cultural e social e de facilitar o dereito á información dos cidadáns.

Esta acción formativa, que se desenvolvía os días 13 e 14 de novembro, tiña como principal obxectivo estudar e analizar a Lei 19/2013 de transparencia, acceso á información público e bo goberno e a súa implementación nas administracións públicas. Nel participaron como ponentes, o Valedor do Pobo, o valdeorrés José Julio Fernández; o catedrático de Dereito Administrativo, Andrés Betancor; e o Letrado Maio do Parlamento de Galicia, Xosé Antón Sarmiento, entre outros.

O acto de clausura do curso contaba coa presenza do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, quen na súa intervención lembraba que Galicia foi unha das primeiras comunidades autónomas en contar cunha Lei de Transparencia e Boas Prácticas e que desde o ano 2009 o Goberno autonómico comprometeuse a progresar, de xeito efectivo, na aplicación desta Lei e a fomentar a participación dos cidadáns na avaliación dos servizos públicos, polo que cumprindo con esta premisa o pasado mes de outubro o Consello da Xunta aprobou o anteproxecto de Lei de garantía da boa Administración e da calidade dos servizos.

Artigos relacionados

Back to top button