EconomíaEconomíaÚltima hora

O valor da produción agraria a pequena escala

O libro “O pequeno é grande, a agricultura familiar como alternativa: O caso galego” presentábase en Valdeorras
Un dos momentos da presentación deste volume, no edificio multiusos do Barco./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Un dos momentos da presentación deste volume, no edificio multiusos do Barco./ Foto: Ángeles Rodríguez.

A importancia da agricultura a pequena escola no marco galego en contraste coas producións intensivas. Esta é a temática na que afondan Xoán Carlos Carreira (doutor enxeñeiro agronomo e profesor de Enxeñería Agroforestal na Universidade de Santiago de Compostela) e Emilio Carral Vilariño (doutor en Ciencias Biolóxicas e profesor da área de Ecoloxía da USC) en “O pequeno é grande, a agricultura familiar como alternativa: O caso galego” (Atraves Editora). Este libro presentábase na tarde do 12 de marzo no salón do edificio multiusos do Barco.

Os dous autores, que foron introducidos no acto por Manuel Docampo, destacaban nas súas intervencións que con este traballo “pretendemos establecer un punto de partida, non de chegada, abrir un tema sobre un tema do que non se fala”.

Artigos relacionados

Back to top button