DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Valpaços FC lévase o II Memorial Jesús Carrera marcado pola emotividade

Co 2-4 se resolvía o partido de fútbol sala xogado no pavillón de Calabagueiros para honrar a memoria de Jess

A estas alturas ninguén dúbida do querido que era Jesús Carrera Carrera, Jess, no mundo do fútbol sala en particular e en Valdeorras en xeral. E menos despois do visto na tarde do 8 de setembro no pavillón de Calabagueiros, no segundo partido disputado na súa memoria entre o seu equipo, o Pizarras Los Tres Cuñados FS e o Valpaços FC de Portugal.

Con certo retraso sobre o horario previsto por un problema burocrático, os xogadores accedían ao terreo de xogo, pero antes de empezar o partido, dous cativos do club valdeorrés, Alba e Adri, dirixíanse ás bancadas cheas de público para entregar un ramo de flores aos pais de Jesús. E entre bágoas e aplausos por parte da afección e dos xogadores no parqué, era o capitán do equipo rival quen se achegaba ao matrimonio para entregarlles unha camiseta do equipo luso co 3, o número co que xogaba o xove falecido hai dous anos.

De seguido comezaba o encontro marcado poas baixas locais (Juanma, Durán, David, Corzo e Javi) no que os valdeorreses deron a cara  ante un rival da 2ª nacional no que xoga Antucho (natural da Gudiña), moi querido en terras valdeorresas. O primeiro gol chegaba en forma de penalti sobre os visitantes e Dilín non tardaba en poñer o 1-1 no marcador, aínda que os portugueses non se rendían e marchaban ao descanso co 1-4. Tralo paso polo vestiario o Valpaços marcaba en propia meta chegando ao final cun xunto 2-4.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button