CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

“O vendedor de fume” de Teatro Ghazafellos, no Malecón do Barco

 

O carromato de Ezequiel, ateigado de elixires e remedios, recén chegado do lonxano oeste facía unha paradiña na tarde do 13 de setembro no Paseo do Malecón do Barco. Alí, xunto con dous singulares e pícaros axudantes, convocaba ao público a través da música, con moito humor e algún que outro truquiño de maxia.

Deste xeito Teatro Ghazafellos poñía en escena moi pretiño do río Sil o seu espectáculo “O vendedor de fume”, dirixido a público infantil e familiar. Esta divertida e animada peza está interpretada por Jorge Casas. Montse Piñón, Pepablo Patinho.

A próxima cita co teatro nestas festas do Cristo do Barco será o vindeiro 15 de setembro ás 12h. na praza do Sagrado. Alí poderá verse o espectáculo “Xan Perillán, compra queixo e compra pan” de Os Monicreques de Kukas.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button