OurenseÚltima hora

O Verán Cultural de Ourense segue coas súas actividades

Esta semana terán lugar os espectáculos "Só" de Xampatito Pato e "A la fresca" de Ana Confetti

Durante unha das pasadas actuacións. Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Verán Cultural de Ourense segue coas súas actividades. Esta semana terán lugar dúas actuacións de teatro xestual na terraza do Auditorio.

O xoves, 6 de agosto, ás 20:30 horas, será “Só” de Xampatito Pato o que chegue á terraza do Auditorio, e o venres, á mesma hora, será o turno de “A la fresca” de Anna Confetti.

Todas as actividades enmarcadas no Verán Cultural son gratuítas e dirixidas a todos os públicos. Así, dende a organización recomendan acudir con antelación.

Artigos relacionados

Back to top button
Close