CulturaCulturaÚltima hora

O “Verán Cultural” de Ourense terá lugar na terraza do Auditorio nos meses de xullo, agosto e setembro

Será unha actividade de balde que se celebrará todos os xoves e venres ás 20:30 h.

A terraza do Auditorio acollerá a programación do “Verán Cultural” de Ourense que se celebrará durante os meses de xullo, agosto e setembro. É unha actividade de balde que se desenvolverá todos os xoves e venres ás 20:30 h. agás o mes de setembro que se adiantará ás 20:00 h.

 

Durante unha das pasadas edicións. Foto: Carlos G. Hervella.

 

O programa inclúe música de diferentes estilos (blues, folk, fusión, ópera), teatro e circo a cargo de compañías premiadas en certames nacionais e internacionais. Entre elas, o espectáculo de danza e pintura de Shakti Olaizola, ou o clásico de Shakespeare “Moito ruído e poucas noces”.

 

Programa da actividade.

 

Gonzalo Pérez, alcalde de Ourense, acompañado de Mario González, concelleiro de Cultura, e dun técnico municipal, foron os encargados de presentar o Verán Cultural. “Unha administración debe garantir as condicións sanitarias do público, pero tamén dos artistas e de todos os profesionais da cultura”, aseguraba o concelleiro Mario González.

Artigos relacionados

Back to top button