CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O “Verán Cultural” de Quiroga porase en marcha na fin de semana do 24 e 25 de xullo

Nesta fin de semana non se celebrará a parte da Feira do Viño de Quiroga que concentra maior número de persoas: as casetas de venda de viño e o pregón; pero en cambio si será unha fin de semana de moitas actuacións musicais e culturais.

A exposición das botellas dos viños que acudiron á maioría das edicións anteriores da feira do viño, acompañadas dos carteis anunciadores, poderá verse novamente na entrada do Auditorio Municipal. Esta exposición presentábase na pasada Semana Santa como lembranza da data na que se tiña que celebrar a feira, servindo de homenaxe aos adegueiros que pasaron polas feiras do viño de Quiroga.

Contando co programa “Cultura no Camiño”, (patrocinado polo Xacobeo 21/22, pola Xunta de Galicia e por Gadis) Quiroga acollerá a actuación de Festicultores Troup polas rúas da vila, o sábado día 24 a partir das nove da noite. Festicultores Troupe é un proxecto vangardista que procura innovar dentro dos pasacalles, acercando ao publico un espectáculo que sen dúbida fará bailar e divertirse a todos os públicos.

 

 

O domingo 25, coincidindo co Día de Galicia, a unha menos cuarto farase unha recepción aos colectivos culturais do municipio, para a continuación disfrutar dun concerto da Banda de Música Santádega. A actuación, que forma parte do programa “O país das bandas”, terá lugar diante da Casa Consistorial e conta co patrocinio do Xacobeo 21/22, da Xunta de Galicia e da Federación Galega de Bandas de Música Populares).

Xa pola tarde, a partir das oito, no parque da Constitución os máis pequenos terán unha actuación especial, “Ramona Órbita, a dona do tempo”, a cargo do grupo Pakolas. Esta actuación está enmarcada dentro do programa “Ler conta moito” da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Esta fin de semana festiva rematará con música. Será a Charanga Louband a que peercorrerá as rúas da vila quiroguesa rematando os días que acollerían a Feira do Viño, pero abrindo o “Verán Cultural” de Quiroga que acollerá numerosas actuacións para todos os públicos durante o mes de agosto.

 

Paco Cerdeira “Pakolas”./ Cedida.

Artigos relacionados

Back to top button