DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Verín CF sorprende e golea ao Valladares

O conxunto verinense impoñíase por 3 goles a 0 e colleitaba tres puntos que lle serven para agarrarse á salvación

Aproveitaba as oportunidades e sacaba adiante, por goleada un solvente partido desputado na casa fronte ao CD Valladares na tarde do 5 de marzo. O Verín CF encetaba o marcador cun gol de Enio no minuto 22. Pola súa banda, o Valladares, a pesar dos esforzos, non lograba aproveitar as oportunidades e os tantos non chegaban.

Xa na segunda parte, o Verín lograba o seu segundo gol, da man de David Rodríguez no minuto 55, aproveitando un erro do conxunto visitante. O Valladares seguía tentando a sorte, pero sen éxito na portería. E, minutos antes do remate do tempo do xogo, Dani Rozen aproveitaba outra oportunidade e anotaba o terceiro gol para o Verín. Tres puntos na xornada 27 da preferente sur que lle serven a este equipo para aferrarse á categoría.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close