ConcellosÚltima hora

O verinense Santiago Villanueva, no delegado do Goberno en Galicia

Tomaba posesión na mañá do 15 de novembro na cidade da Coruña
Santiago Villanueva, tomando posesión como delegado do Goberno en Galicia.
Santiago Villanueva, tomando posesión como delegado do Goberno en Galicia.

Santiago Villanueva Álvarez é xa o novo delegado do Goberno en Galicia. Este verinense, que hai apenas unha semana ocupaba o posto de director xeral de Emerxencias, tomaba posesión do seu novo cargo na mañá do 15 de novembro na Coruña, nun acto ao que asistían, entre outras autoridades, a ministra de Fomento, Ana Pastor, e o presidente da Xunta, Alberto Núñez.

Na súa intervención, o presidente da Xunta de Galicia destaba a longa e dilatada traxectoria de Santiago Villanueva na Administración pública, moi vinculada á xestión das emerxencias, e fundamental en episodios como o accidente ferroviario de Santiago de Compostela. Referiuse, ademais, “á dedicación, ao compromiso e á honestidade” que sempre demostrou no exercicio das súas distintas responsabilidades e considerou que a súa capacidade “para dialogar e tender pontes” lle será de grande utilidade no desempeño das súas novas funcións.

Villanueva, na súa intervención tras tomar posesión do cargo.
Villanueva, na súa intervención tras tomar posesión do cargo.

Artigos relacionados

Back to top button