OurenseÚltima hora

O verinés Jorge Godás formará parte do cartel musical do Naktema Festival 2019

O festival de música electrónica underground celebrarase en xullo en Castrelo do Val
O creativo e compositor verinés Jorge Godás. /Foto. Carlos G. Hervella.

A música electrónica será a protagonista do Naktema Fest, que celebrará a primeira edición entre os días 19 e 20 de xullo na Veiga das Batocas (Castrelo do Val-Verín).

Trátase dun proxecto “enfocado á cultura urbana, música alternativa e arte, cunha ampla variedade de estilos musicais dentro do xénero electrónica underground, contando con artistas nacionais e internacionais”, explican dende a Asociación Cultural de Naktema.

Un dos artistas que conforman o cartel deste novidoso festival é o creativo e compositor verinés Jorge Godás (AV Live!) que compartirá escenario con Astro Disco; Bazait; Dani Casarano; DIAL Combo; Dr. Varito; Elektrógena; GMO; Jonan; Mike Wass; Mind Archives and Bazait; Rarek; Sergio Amaro; Sputnik Pussy; e Víctor Santana entre outros.

Tal como adiantan dende a organización, o obxectivo do festival é a “iniciación na música alternativa, novas tecnoloxías, tendencias futuristas e coñecemento de xéneros musicais emerxentes”.

Ademais de música, os días que dure o evento haberá postos de comida ecolóxica e da zona ao estilo foodtruck, así como con zona de acampada acondicionada a excasos 100 metros do recinto do festival.

 

Cartel do Naktema Festival 2019.

Artigos relacionados

Back to top button