DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O VI Control do Barco deixa mellores marcas valdeorresas e unha mínima nacional para unha atleta pontevedresa

Cunha semana de diferenza, as pistas barquenses de Calabagueiros (O Barco) veñen de acoller o 23 de xuño o segundo control de marcas federado neste mes. Nel dábanse cita uns 40 atletas valdeorreses (de clubs como o Adas e o Atletismo Rúa), así como doutras zonas da provincia e doutras como Lugo e Pontevedra.

Así nunha xornada de tarde marcada polas elevadas temperaturas, os valdeorreses lograban, en xeral, mellorar as súas marcas, en especial dos das categorías base. Tamén Belén García (Adas) melloraba a súa marca persoal nos 300 ml. Ademais, a pontevedra Natalia Meaño conseguía no Barco a marca mínima para poder participar no nacional na proba de 300 feminina.

Este era o VI Control de Marcas Federado que acollen as pistas de Calabagueiros no que vai de tempada. Foi organizado polo Club Adas-Proinor e do seu control ocupouse o Comité Valdeorrés de Xuíces da Federación Galega de Atletismo (FGA).

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button