EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

O VI Mercaberto ponse en marcha

Conta con 16 postos con multitude de oportunidades en téxtil, complementos ou calzado, entre outros produtos, que poden visitarse no Paseo do Malecón

Produtos de calidade aos mellores prezos e actividades para públicos de todas as idades. É a proposta que se lanza dende o Mercaberto 2014 que abría as súas portas na tarde do 22 de agosto no Paseo do Malecón do Barco (na zona de Correos) cunha gran acollida entre o público.

Esta mostra de oportunidades conta nesta sexta edición cuns 16 postos de multitude de artigos: téxtil, complementos, bisutería, calzado, xoguetes ou produtos musicais, entre outros. Ademais dos establecementos comerciais da vila, no recinto está tamen o stand de Asfaval.

No decurso do acto inaugural Ángel Álvarez, presidente do Barco Centro Comercial Aberto (CCA), organizador da mostra en colaboración co Concello, agradecía “a participación de todos os comerciantes que se quixeron sumar a esta iniciativa que se celebra xa por sexto ano, xa que sen a súa participación non tería sido posible celebrar esta feira de oportunidades”.

Xunto a el, o alcalde do Barco, Alfredo García, destacaba a importancia do labor do CCA como dinamizador económico no concello e referíase en especial ás novidosas campañas desenvolvidas neste ano, que tiveron unha gran acollida entre o público.

O programa do Mercaberto inclúe tamén un concerto do grupo Los Correctos ás 23h. do venres 22 de agosto e, xa na xornada do sábado 23, unha festa da auga, para os máis pequenos e tamén para os maiores, a partir das sete da tarde.

Fotos: Ángeles Rodríguez
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button