DeportesÚltima hora

O VI RallyMix de Barbadás espera reunir a uns 75 pilotos esta fin de semana

Na proba participarán vehículos de montaña, de autocross, quad biplaza e carcross, entre outros

 

Esta fin de semana (23 e 24 de novembro) celebrarase en Barbadás unha nova edición do RalleMix Memorial Gonzalo Belay que espera reunir a uns 75 pilotos  (15 máis que na anterior edición).

A presentación deste evento automobilístico, organizado pola Escudería Barbadás co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, a Deputación de Ourense e o Concello de Barbadás, tiña lugar na mañá do 21 de novembro no Salón de Plenos do Concello. Alí, o presidente da Escudería, Juan Carlos Villanueva “Marabú”, apelou a que se respecten as normas de seguridade previstas cuxa coordinación correrá a cargo dun director médico. Habilitarase na zona dúas ambulancias e está previsto tamén un dispositivo especial de Garda Civil de Tráfico, Policía Local e Protección Civil.

 

Borja G. Granda, vencedor da anterior edición do Rallymix. /Foto: Dyana Belay.

 

Iván Corral, presidente da Federación Galega de Automobilismo, destacou a importancia deste RallyMix e o feito de que se reúnan en Barbadás un nutrido grupo de afeccionados nunha intensa fin de semana  “onde deporte e gastronomía irán da man”. Corral falou tamén da presenza de pilotos de outros países (Romanía, Inglaterra e Polonia) que “non só aportarán experiencia, senón que tamén imprimirán ao rallye unha impronta de carácter internacional”.

Ademais dende a organización do evento deportivo conbidan a afeccionados non só de Galicia, senón tamén do norte de Portugal, Asturias e Castela-León, e unha das novidades da edición de 2019 é a retransmisión en directo da clasificación dos pilotos e dos resultados.

O sábado día 23 a partir das 9 da mañá produciranse as verificacións e ás 12 do mediodía terá lugar a primeira proba na que participarán vehículos de montaña e de autocross, quads bipraza e carcross, entre outros.

 

Artigos relacionados

Back to top button