DeportesÚltima hora

O VI Torneo de Volei Praia da Rúa celebrarase do 29 de xullo ao 5 de agosto

Haberá flexibilidade horaria e dúas modalidades: 3×3 mixto e 2×2 masculino e feminino
Campo de volei praia no Aguillón. /Foto: O SIL.

En pleno verán os deportes deixan as instalacións cubertas para desfrutar do aire libre, e un claro exemplo é o volebol que está en plena tempada na modalidade praia. Na Rúa non hai mar pero si campo de area no Aguillón e por sexto ano consecutivo acollerá o Torneo de Volei Praia que se celebrará do 29 de xullo ao 5 de agosto.

Tal como aseguran dende a organización (que conta coa colaboración do Concello da Rúa e de numerosos negocios da vila), trátase dunha boa ocasión para desfrutar “dunha semana máis de descubrimento deste deporte, de diversión, compañeirismo e bos ratos”.

Quen desexe participar pode apuntarse a través das redes sociais, por correo electrónico (voleyplayarua@gmail.com) ou a través do número de contacto (660 834 817). O prezo de inscrición é de 15 euros para o 3×3 mixto e de 10 euros para o 2×2 tanto masculino como feminino.

Máis información en Torneo voleyplaya A Rúa 2019.

Artigos relacionados

Back to top button