ConcellosEconomíaEconomíaEn portadaGalerías de fotosRubiáÚltima horaVídeosViticultura

O VI Viñotapeo viste Quereño (Rubiá) de festa, gastronomía e viños

Arredor de 500 persoas desfrutaban deste singular traxecto enogastronómico por nove adegas da localidade

 

Ao ritmo da charanga Os Trasnochadores cobraba vida a sexta edición do “Viñotapeo” de Quereño (Rubiá). Arredor de 500 persoas dábanse cita a partir das oito da tarde nesta celebración que une a gastronomía e o viño coa festa, nun singular percorrido por esta localidade.

Antes mercaban mercar a entrada, cun prezo de 10 euros, no posto que acostuma instalarase á entrada da localicadade. Con ela recibían unha taza, para facer o traxecto gastronómico, e tamén un agasallo, neste caso un pano de cor violeta.

 

 

A ruta partía da entrada de Quereño e íase detendo, seguindo os pasos da charanga, en cada unha das adegas situadas nos barrios participantes, que nesta edición eran as do Regueiro, A Currelada, O Quintairo, A Igrexa, As Cortiñas, A Telleira, A Estación I, a Estación II, a Estación III e a Estación IV.

 

 

En cada unha delas os asistentes podían degustar, nun ambiente festivo, saborosas tapas, abundantes e variadas que ían dende a ensaladilla, pasando polas costelas con patacas, as sardiñas asadas con pementos verdes e o chourizo ata outros embutidos, ovos cocidos, albóndigas, flamenquillos e mesmo zorza con ovo. Ademais, en cada adega podía tomarse viño branco ou tinto, así como refrescos ou auga.

 

 

A partir das once da noite os participantes poderán desfrutar, xa como broche do Viñotapeo, dun café acompañado de sobremesa caseira na pista, onde continuará a festa cunha discomóbil, adiantan dende a organización, en mans da Comisión de Festas de Quereño coa especial colaboración do pobo.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button