ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O Via Crucis da Serra, o máis alto de Galicia

Numerosas persoas participaban neste percorrido relixioso que concluía en Lamalonga (A Veiga)

Ao longo de máis de 14 quilómetros discorre o Via Crucis da Serra (A Veiga), o máis alto de Galicia. Numerosas persoas acudían na tarde do Xoves Santo a este percorrido relixioso de quince estacións en granito, realizadas por Pepe de Barrio, escultor de Lamalonga xa falecido. Partía ás tres e media da tarde dende o Alto da Portela.

A partir de aí iniciábase un longo traxecto, enmarcado pola paisaxe montañosa de Trevinca, que concluía xa na noitiña na entrada do pobo de Lamalonga.  Un ano máis, esta iniciativa ten sido promovida pola Asociación de Cooperación para o Desenvolvemento de Lamalonga “Pepe de Barrio”.

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button