En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O Vía Crucis da Serra, o máis alto de Galicia

Tendo como pano de fondo dos brancos cumes de Trevinca, con sol e cunha temperatura moi agradable se desenvolvía na tarde do 24 de marzo o XVI Vía Crucis da Serra (A Veiga). O punto de partida deste longo percorrido era ás tres da tarde o Alto da Portela. Dende alí iniciábase un longo percorrido duns 14 km que remata na última estación, na entrada de Lamalonga. Nesta edición esta Vía Crucis, esculpido anos atrás en grandes bloques de granito polo artista Pepe de Barrio, estaba dedicada ao sacerdote Felipe Tostón, xa falecido, que foi un dos impulsores da celebración deste acto.
A organización deste Vía Crucis está en mans da Asociación de Cooperación para o Desenvolvemento de Lamalonga “Pepe de Barrio”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button