En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O Vía Crucis das Ermitas (O Bolo) congrega a multitude de persoas

Esta procesión, que saía dende o adro do santuario, comezaba ás once e media da mañá deste Venres Santo

Camiñando, en peregrinación, dende aldeas de concellos como Manzaneda, Trives e Viana do Bolo, ou en coche. Numerosas persoas congregábanse na mañá do 19 de abril, Venres Santo, no Santuario das Ermitas (O Bolo) para asistir a un dos actos máis destacados da súa Semana Santa: o Vía Crucis.

 

 

Este percorrido relixioso iniciábase ás once e media no propio adro do santuario, onde se sitúan as primeiras estacións. A partir de aí iniciábase un longo e empinado traxecto ata chegar á derradeira estación, situada no cemitario. A procesión ía precedida por unha gran cruz de madeira, portada por costaleiros, e nela tamén saían os diferentes pasos.

Os labores de coordinación do tráfico no entorno do santuario estiveron en mans da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Bolo. Os actos deste Venres Santo nas Ermitas continuarán pola tarde, a partires das catro, coa acción litúrxica, o “Sermón das sete palabras” e o tradicional desencravo. Ás oito está prevista a procesión da Soidade.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button