En portadaÚltima horaVídeos

O Vía Crucis das Ermitas (O Bolo) volve percorrer o “Camiño do Deserto”

 

Multitude de persoas participaban na soleada mañá deste Venres Santo no Vía Crucis do Santuario das Ermitas (O Bolo), un dos actos máis destacados da Semana Santa desta localidade. Algúns fieis acodían en peregrinación camiñando dende lugares como Manzaneda, outros en vehículos dende diferentes puntos do oriente ourensán ou mesmo doutras provincias galegas e do resto de España. O Vía Crucis iniciábase no adro, onde están as súas tres primeiras estacións, ás 11:30h.

 

 

A partir de aí iniciábase un longo e empinado traxecto, denominado o “Camiño do Deserto” ata chegar á derradeira estación, a da Resurrección (número XV), situada no cemiterio. A procesión ía precedida por unha gran cruz de madeira, portada por costaleiros, e nela tamén saían os diferentes pasos.

 

 

Os labores de coordinación do tráfico no entorno do santuario estiveron en mans da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Bolo, de Protección Civil de Manzaneda e de Trives.

Os actos deste Venres Santo nas Ermitas continuarán pola tarde, a partires das catro, coa acción litúrxica, o “Sermón das sete palabras” e o tradicional desencravo. Ás oito está prevista a procesión da Soidade.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button