En portadaSemana Santa

O Vía Crucis das Ermitas, polo “Camiño do deserto”

Este culto, que se celebrará na localidade bolesa o 3 de abril, é un dos referentes da Semana Santa ourensá
O Via Crucis das Emitas, camiño das últimas estacións do percorrido./ Foto: Carlos G. Hervella.
O Via Crucis das Emitas, camiño das últimas estacións do percorrido./ Foto: Carlos G. Hervella.

Na mañá do Venres Santo no Santuario das Ermidas (O Bolo), os fieis seguirán, a partir das once e media, unha enorme cruz en madeira escura. Sairá do adro e irá portada por varios costaleiros co rostro cuberto. Tras eles, varias figuras policromadas que representan esceas da paixón de Cristo, xunto coas imaxes do Nazareno, a Virxe Dolorosa, a Verónica e San Xoán.

As primeiras estacións do Vía Crucis están no mesmo adro do santuario. En cada unha delas, a procesión irase detendo, para logo subir pola empinada ladeira empedrada, denominada “Camiño do Deserto”, que remata no cemiterio.

As quince estacións que xalonan este traxecto correspóndense con outras tantas capelas. Comezaban a erguerse no século XVIII e con elas poñíase “o broche de ouro” ao “ciclo de posta en marcha do santuario”, en palabras de Bonet Correa.

Se ben o Vía Crucis é un dos actos centrais da Semana Santa das Ermitas, o certo é que o seu programa inclúe outras citas sinaladas e tamén moi concurridas. Así, na mesma tarde do Venres Santo ás 16:00 horas terá lugar a acción litúrxica, seguida polo “Sermón das sete palabras”. A continuación, no mesmo adro, escenificarase o desencravo, co descendemento da imaxe de Xesús da cruz.

Texto: Ángeles Rodríguez
(Máis información na edición en papel do Especial Semana Santa de O Sil).

Artigos relacionados

Back to top button