En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O Via Crucis das Ermitas reúne a multitude de fieis

Partía dende o adro deste santuario bolés ás once e media da mañá e concluía no cemiterio

Tanto o adro como o templo do Santuario das Ermitas (O Bolo) recibían a multitude de persoas na mañá do Venres Santo que acudían para participar no seu tradicional Via Crucis. Moitas destas persoas viñan ademais camiñando dende pobos próximos e despois sumábanse a este traxecto relixioso, cuxas primeiras estacións están situado no mesmo adro.

Unha gran cruz de madeira portada por costaleiros e os diferentes pasos saían a partires das once e media da mañá e comezaba así un traxecto relixioso que recrea, tal e como dicía ao comezo do acto un dos sacerdotes das Ermitas, a “Vía Dolorosa” de Xerusalém. O percorrido concluía ao chegar á comitiva á estación da Resurrección, situada no cemiterio.

Os labores de coordinación do tráfico no entorno do santuario estiveron en mans da nova Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Bolo, que se estreaba con este servizo.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button