CulturaCulturaEn portadaÚltima hora

O vianés Carlos Ares recollerá o 16 de novembro en Castro Caldelas o Premio Vicente Risco CCSS

Este investigador social lograba o galardón cun estudo sobre “Festividades de inverno na provincia de ourense: máscaras, personaxes e rituais”

O investigador vianés Carlos X. Ares Pérez./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O salón nobre do Castelo de Castro Caldelas acollerá o vindeiro sábado 16 de novembro ás 12h. o acto de entrega do XXIII Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais, que recaía nesta edición no vianés Carlos X. Ares Pérez.

Este investigador social lograba este prestixioso galardón polo seu traballo “Festividades de inverno na provincia de ourense: máscaras, personaxes e rituais” deste estudoso vianés. O xurado considerou que “o autor, a partir dun extenso traballo de campo, realiza unha catalogación dos personaxes e das figuras do Entroido e das festas de inverno ourensás. O traballo poderá ser moi interesante para un coñecemento público das figuras que protagonizan estas festividades”, tal e como facía público a Fundación Vicente Risco no mes de marzo.

No acto están previstas as intervencións da alcaldesa de Castro Caldelas, do presidente da Fundación Vicente Risco e dun representante do Concello de Allariz; previamente á entrega do premio, así como unha actuación musical a cargo de María do Ceo. Despois terá lugar a intervención de Carlos X. Ares.

Neste traballo o autor achega as “realidades e a importancia que para a poboación supoñen as festas e rituais que na provincia de Ourense se desenvolven durante o período da invernía”. Nel están representados o 60% dos concellos ourensáns, cun alcance de 150 núcleos de poboación.

 

Castelo de Castro Caldelas, onde se celebrará a cerimonia de entrega./ Foto: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close