DeportesEn portadaÚltima hora

O vianés Carlos Beltrán Álvarez logra a medalla de bronce no nacional de atletismo sub18

Subía ao podio na proba de salto de lonxitude, clasificándose para a Selección Española
O atleta vianés Carlos Beltrán Álvarez coa medalla de bronce.

Máis de 950 atletas (504 homes e 458 mulleres) se inscribían no campionato de España individual sub18 celebrado a pasada fin de semana no Polideportivo Municipal Gaetà Huguet de Castellón. O campionato, incluído no plan “Generación Atletismo” serviu un ano máis para ver en acción aos xoves atletas que marcarán o futuro do atletismo español, entre os que se atopa o vianés Carlos Beltrán Álvarez que lograba clasificarse para a selección nacional tras conseguir a medalla de bronde en salto de lonxitude.

Carlos partía coa cuarta mellor marca do campionato con 6.89 metros, unha distancia que lograba superar en catro dos seis intentos da súa intervención. Con todo, os 7.06 conseguidos no seu primeiro salto foron os que lle serviron ao atleta, adestrado por Eusebio González, para subir ao terceiro caixón do podio.

 

Carlos no terceiro caixón do podio en salto de lonxitude.

 

Malia competir co equipo Hiber Rioja,  Carlos Beltrán é natural de Viana do Bolo e a súa familia non pode estar máis orgullosa del xa que “despois de moito esforzo e constancia conseguía o seu soño”. Compite desde os 7-8 años en varias modalidades, dacantándose actualmente máis polo salto de lonxitude. “Adestra 4 días á semana e con 17 anos ten un total de 70 medallas”, asegura o seu tío Jorge, adiantando que xa lle ofreceron varias becas para ir estudar e formarse en deporte a varios países, un deles Estados Unidos.

Artigos relacionados

Back to top button