En portadaÚltima hora

O vianés Carlos X. Ares gana o premio Vicente Risco de Ciencias Sociais cun traballo sobre o Entroido

A obra que presentaba ao certame titúlase “Festividades de inverno na provincia de ourense: máscaras, personaxes e rituais”
O investigador vianés Carlos X. Ares./ Foto: Carlos G. Hervella.

O galardón do XXIII Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais vén de recaer nun traballo presentado polo investigador vianés Carlos Xabier Ares Pérez que pon o foco, entre outras tradicións de inverno, no Entroido ourensán. Así o vén de facer público a través das redes sociais a Fundación Vicente Risco nesta fin de semana, apenas unha semana despois do Domingo Gordo.

Deste xeito, nesta edición do certame o seu xurado acordaba por maioría premiar a obra “Festividades de inverno na provincia de ourense: máscaras, personaxes e rituais” deste estudoso vianés, que recibía emocionado a noticia.

O xurado considerou que “o autor, a partir dun extenso traballo de campo, realiza unha catalogación dos personaxes e das figuras do Entroido e das festas de inverno ourensás. O traballo poderá ser moi interesante para un coñecemento público das figuras que protagonizan estas festividades”, segundo a Fundación Vicente Risco.

Nesta ocasión o xurado do premio estaba formado por Luzia Oca (CETRAD-UTAD), António Carlos Gomes (CETRAD-UTAD), Teresa Devesa (Concello de Allariz), Manuel Carrete (Concello de Castro Caldelas) e por José María Eguileta (FVR), que actuaba como secretario.

 

Artigos relacionados

Back to top button