EconomíaEconomíaEn portadaÚltima hora

O vianés Jorge de Álvarez proclámase subcampión de España no certame nacional de moda de xoves deseñadores

A súa colección "Uhuru", inspirada no filme "Memorias de África" conquistou ao público e ao xurado dos Premios de Ande celebrados en Alcalá de Henares (Madrid)

 

Jorge Álvarez (estilista, deseñador, modelo, empresario,…) levaba meses traballando entre bocetos, teas e fíos. Concretamente dende que no mes de outubro de 2020 lle dixeron que o  seu proxecto fora seleccionado para representar e Galicia na XXXV edición dos Premios Nacionais á Moda para Xoves Deseñadores, unha nova que lle facía especial ilusión, e na tarde deste venres 21 de maio de 2021, chegaba por fin a gran gala de Ande (Asociación de xoves e novos deñadores espaois) no Teatro Salón Cervantes, en Alcalá de Henares (Madrid).

En total eran 22 as coleccións de xoves creadores de toda España que desfilaron pola pasarela do teatro ante a antenta ollada do xurado e finalmente, a do vianés Jorge Álvarez García, Uhuru, alzábase co segundo premio a só un punto do primeiro, o representante de Aragón. “Foi unha experiencia moi boa e estou moi contento, pero tamén cansado porque levaba moito tempo con estrés e o co tema dos protocolos polo Covid levamos o dobre de traballo. O desfile foi un pouco agobiante pero finalmente saíu todo ben e levo o segundo premio para Galicia”, aseguraba contento este xove creador só unhas horas despois de recibir o galardón.

 

Jorge Álvarez cos deseños da colección “Uhuru”.

 

Un premio que conseguía a base de traballo, boas ideas e propostas arriscadas, cunha colección de seis modelos (tres mulleres e tres homes) inspirada no filme Memorias de África. “Uhuru significa liberdade que é o que representa a miña marca Jorge de Álvarez, querendo darlle un xiro de 180º ao filme para trasladala ao século XXI onde o amor e a moda non entende de xénero”, explica Jorge. Trátase dunha colección con cortes clásicos, volumes, bordados e perlas como fío condutor que non deixou indiferente a ninguén, dando ás ao seu creador para seguir traballando nesta faceta da moda que tanto o apaixona.

De feito xa está mergullado nun novo proxecto, desta volta audiovisual co produtor ourensán Rubén Riós, no que unha vez máis amosará o seu bo facer con agulla e fío.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button