CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O vianés Mago Teto estrea o seu novo espectáculo “Ultreia”

A estrea terá lugar o domingo 26 ás 18:30h no Pavillón 1 da Semana verde de Silleda

Cedida.

 

Un novo proxecto do Mago Teto, natural de Viana do Bolo, chega aos escenarios. Así, o vindeiro domingo 26 de decembro ás 18:30h. no Pavillón 1 da Semana Verde de Silleda terá lugar a estrea de “Ultreia. Ao final do camiño estás ti”, un espectáculo deste ilusionista e da Banda Municipal de Silleda. Nel combínase maxia, música e danza.

Percorrendo un camiño máxico que simboliza todos os camiños exteriores e interiores do ser humano, o Mago Teto fará unha viaxe a través de aparicións, desaparicións, casas encantadas, predicións, levitacións, transformacións e moitos máis efectos máxicos que transportarán ao público a unha realidade onde todo é posible menos perder a ilusión.

 

 

Teto, un dos magos máis relevantes de Galicia, viaxará con tres bailarinas que o acompañarán en todas as súas aventuras e desventuras, e contará en todo momento coa axuda da música, composta especialmente para este espectáculo por Andrés Álvarez e executada en directo pola Banda de Música Municipal de Silleda e os seus máis de cen músicos.

 

Artigos relacionados

Back to top button