CarballedaConcellosÚltima horaVídeos

O vicepresidente primeiro da Xunta visita obras de mellora en Casaio (Carballeda de Valdeorras)

 

No decurso da viaxe que esta mañá realizaba a Valdeorras o vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Economía, Francisco Conde, visitaba algunhas obras que se están a desenvolver no municipio de Carballeda. Unha delas era unha intervención para cementar o muro da praza que limita coa igrexa de Casaio.

Nesta visita estaba acompañado pola alcaldesa de Carballeda, polo novo director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Minerais, Pablo Fernández; polo  delegado da Xunta, Gabriel Alén; así como por representantes do Clúster da Pizarra de Galicia.

 

 

Deseguro que neste percorrido polo municipio a alcaldesa de Carballeda de Valdeorras, María Carmen González, lle trasladou ao representante do goberno galego novas iniciativas para traer máis investimentos para o municipio.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button