ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O VII Concurso de Gastronomía ‘Cigarrón de Verín’, en premios

Este certame tiña lugar na fin de semana do 5 e 6 de abril no pavillón de deportes de Verín

Catro categorías para demostrar o talento gastronómico. Profesionais da restauración, alumnos de escolas de hostalaría e afeccionados ao mundo da cociña esforzábanse entre os fogóns para optar aos premios da sétima edición do Concurso de Gastronomía ‘Cigarrón de Verín’, que tiña como marco a Feira do Lázaro e o Certame Gastronómico ‘Vila de Verín’ na fin de semana do 5 e 6 de abril.

Despois de preparar os pratos, prato principal ou sobremesa, en show cooking -cociña en vivo- e maridalos con viño da D.O. Monterrei durante a presentación; o xurado (composto por Beatriz Sotelo -do restaurante ‘A Estación’ de Cambre, que conta cunha estrela da Guía Michelín, e integrante do grupo Nove-, Diego López -do restaurante ‘La Molinera’ de Lalín e premiado como Cociñeiro do Ano de Galicia no Fórum Gastronómico-, Jorge Paulo -director da Escola Profissional de Chaves- e Román Dacosta Fernández -premio Cigarrón Doce 2013 e do restaurante ‘A Chabola’) decidía o nome dos ganadores desta edición nas categorías: Gran Cigarrón e Cigarrón Doce (en ambos casos nas categorías de alumnos ou profesionais e afeccionados).

Así na primeira delas os premios correspondéronlles a de Fábio Magré e Vasco Martins (Escola Profissional de Chaves) e a Anabel Dacosta Vázquez. No caso do Cigarrón Doce os ganadores foron, asemade, Fábio Rúas e Luis Santos (Escola Profissional de Chaves e María Luna e Iván Berlana.

Durante o acto de entrega de premios tamén repartiron os do Concurso de Entroido dos Viños de Monterrei.

Fotos: cedidas polo Concello de Verín

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button